xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Ola mundo!!! déixovos por aquí unhas regueifas.
Pero antes de nada, que é unha regueifa?
regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular). Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, na que tamén había unha disputa entre dous trobadores sobre un tema determinado, mais a regueifa foi e é máis popular.

REGUEIFAS

Copla 1:
Os rapaciños de agora 
son bastante espavilados
se non fala o galego
poderían ir arrestados.

Copla 2:
Nos somos as regueifeiras
son tres horas de camiño
as que vimos dende Ourense
no coche do meu veciño.
Copla 3:
Díxome o meu amigo
que habita na sabana 
que dende a súa cama 
víase unha rama.

Copla 4:
Cando estou moi aburrida
vou sempre cara a cociña
e cando abro a ventá
hai alí unha viña.

Copla 5:
Cando fun cara á Pobra
eu chamei a u taxista 
e cando eu lle chamei
díxome son feminista.

Copla 6:
Cando eu cheguei á casa
fun xunta daquela mesa
e como estaba aburrida
púxenme a facer artesa.









Ningún comentario:

Publicar un comentario